HÓRREO

Trátase dun hórreo de madeira, fabricado segundo a tipoloxía clásica do rural galego.  Sobre dúas trabes lonxitudinais érguense 4 ou 6 piares que reciben as vigas do teito, as cerchas que forman as dúas augas do tellado.  As paredes son compostas de balustres verticais separados uns centímetros.

As medidas son:     

Trabes principais:  20x14cm

Piares 10x10cm

Balustres:   7x3,5cm

Piso:  entarimado de 2cm

Teito; táboa de 2cm

Cuberta:   Tella do país curva, ou lousa de pizarra.

Non inclúe peanas ou esteos, mesa ou tornarratos.

Estado: Disponible

4.200 €
IVA incluído
REF: 123